Thursday 09 de May de 2024

Entran a funcionar con carácter permanente os semáforos que regulan a avenida Miguel Rodríguez Bautista á espera de calibrar os últimos axustes


Dende a tarde de onte xa están operativos con carácter permanente os semáforos destinados a regular a avenida Miguel Rodrígez Bautista, nas súas interseccións con Mariño de Rivera, Ameneiro e Canarias.

A entrada en servizo é en fase de probas, á espera de calibrar os últimos axustes en función de ver como é o comportamento do tráfico e quedar definitivamente sincronizados.

Cómpre lembrar que a empresa Automatismo y Control de Tráfico, S.L.U., foi a adxudicataria da actuación, por un importe de 64.006,58 euros.

Esta é unha das medidas recomendadas polo Plan de Mobilidade Urbana Sostenible (PMUS): un traballo que forma parte do proxecto Riveira Atlántica 2015 (cofinanciado nun 70% con fondos FEDER).

Led
Ao igual que xa aconteceu cos semáforos do Malecón, os elementos que se están instalando contan cun sistema de iluminación de tecnoloxía led, cumprindo as especificacións do Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE), e están adaptados a invidentes.